sábado, 13 de junio de 2020

FIN DE CURSO

Benqueridos alumnos, esta semana tócanos despedir o curso, e gostaríame decirvos algunhas cousas que, debido á situación tan especial que temos vivido, non tiven ocasión de facer.

Primeiro, os agradecementos. Agradecervos todo o que me regaláchedes durante este curso, curto, pero intenso. Ainda que todos os anos ocorre, vos tamén fixéstedes que poida ver o apasioante que é a miña profesión, fixéstedes que recorde o importante que é loitar polo que un quere, fixéstedes que comprobe o que é a amizade, que recoñeza en todos e cada un de vos o valor das persoas. Tamén con vos puiden aprender incluso todo o que me queda por mellorar como profe.

Tamén gostaríame pedir disculpas, por si son necesarias. Disculpas por aquelas cousas que teña dito ou feito que vos poideron molestar de forma grupal ou individual. Ainda que gostaríame que non fose así, meto a pata nalgunhas ocasións. Pídovos desculpas a todos en xeral pero encantaríame que, si alguén viuse lastimado por algo referente a min, que mo faga saber. Será a mellor oportunidade que teréi para mellorar como persoa e como profesional.

En canto ao que eu vos puiden aportar, sin duda tentéi darvos o máximo dentro das miñas posibilidades cada día, non sei o que vos levades de min, do que sei ou do que son. O meu obxectivo non foi simplemente que aprendérades Matemáticas, Física, Química ou Bioloxía sinon muito máis que esto. Espero que cada minuto que pasamos xuntos, vos aportara algo. Ademáis de coñecementos gostaríame que vos levedes parte dos meus valores, das miñas actitudes, da miña forma de entender a vida e que esto vos resulte útil para o voso futuro.

Tendes o verán por diante, un verán atípico, ainda que igual de valioso para que o aproveitedes en aprender, en descubir, en investigar, en estar conectados con todo o que vos rodea. Non existe mellor forma de estar unido á vida que esa curiosidade que temos desde nenos, esas ganas de querer saber. Espero que non perdades o gusto por aprender.

Sempre os digo as ganas que teño de perderos de vista, pero finalmente acabo votándovos de menos. Espero que vos acordedes dos profes de este ano durante o verán, ainda que sexa un intre.

Xa sabedes que estaréi encantado de recibir no correo que coñecedes todas as preguntas, dúbidas, comentarios, ou que me contedes cualquera historia ou anécdota mentras estamos de vacacións.

Os que deixedes pendente algunha materia para setembro, non esquezades que tendes que traballar para recuperala. Si unha de esas materias é das miñas, repasade o estudado durante o que tivemos de clases presenciais e o que temos repasado durante as xornadas non presenciais, seguro que logrades aprobar.
E por último, quero recomendarvos algún libro para o verán. Ogallá acabedes tendo a misma paixón pola lectura que eu.

Si quixera facer unha lista de libros interesantes sobre Bioloxía, sería interminable, recoméndovos 3, para diferentes niveis e de diferentes temáticas, pero con algo en común, paga a pena lelos…

Para os maiores… “El gen egoísta” (Richard Dawkins): Sobre evolución e as bases da nosa conducta.
Para os menos maiores… “La especie elegida” (Juan Luis Arsuaga e Ignacio Martínez): Sobre a evolución humana.
Para todos… “Mi familia y otros animales” (Gerald Durrell): Novela autobiográfica do naturalista inglés G.Durrell. Libro que lin de mui xoven e que sigo recordando como unha lectura deliciosa.

DISFRUTADE!
FELIZ VERÁN.



No hay comentarios:

Publicar un comentario